martes

Nuestro queridísimo señor Moralejo

Después de haber dicho que en La voz de Galicia del día de hoy tendría un pequeño hueco para expresar su opinión sobre el miembro y la miembra, no quise quedarme con las ganas, y luego de leerlo en el periódico os dejo la dirección del formato electrónico.
No tiene desperdicio.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2012/03/13/feminiza-queda/0003_201203G13P17995.htm

1 comentario:

  1. pois con respecto ao artigo do sr. moralejo, gustaríame criticar o seu gran alarde de demagoxia "filolóxica"- por expresalo de algunha maneira- nun debate que a día de hoxe aínda é motivo de gran controversia e dá pé a discrepancias entre @s propi@s lingüístas. Porque me parece a min- dende unha postura humilde, que non cuestiono eu os conhecementos do noso sapiensísimo profesor de grego e confésome pouco docta neste tema- que abrangue a cuestión da linguaxe sexista dende unha perspectiva desenfocada, o que pode provocar confusión: que o xénero non se equipara ao sexo sabémolo tod@s, sr. moralejo; o gran problema vén cando si se corresponde sexo/xénero e a lingua invisibiliza á muller. Porque, imos ver:
    1.a lingua ten a cualidade de ser machista non como algo intrínsico en si mesma, senón polo feito de que chegou a nós transformada nunha ferramenta máis de opresión ás féminas, froito do dominio da sociedade patriarcal;
    2. a propia teoría de que o masculino é o xénero non marcado non é incuestinábel, de feito moit@s lingüíst@s rebátena aludindo a febleza dos argumentos;
    3.non sei a maioría das mmulleres como se senten, pero a min tócame un pouco a vaina que cando falen de "alumnOs" me tenha que sentir incluída, que arremecághonahostia que sempre tenhamos que quedar subordinadas aos macholos. (Con perdón pola linguaxe ordinaria deste punto pero é que me toca a vea sensíbel o tema);
    4. todo isto non o digo eu: sen ir máis lonxe, a doutorada teresa moure- si, a autora de libros como "Herba moura", e profesora na nosa queridísima facultade- ten ensaios nos que afirma que erradicar o sexismo lingüístico é posíbel (porqeu existe tal cousa, sr. moralejo, que non é unha invención de ningún partido político), comezando por empregar expresións como "as persoas", "o alumnado"..., en lugar de "os homes", "os alumnos"...A todo isto dicir que eu non lin os ensaiios que publicou t. moure, mais asistín a un coloquio sobre feminismo no que ela participaba e a verdade é que me deixou firmemente convencida (con argumentos firmes e sen caer na demagoxia, que logo pensan que mulleres así son unhas feministas histéricas).
    5. a quen lle importe un pouco que busque información sobre o tema. Eu déixovos este enlace para que vos fagades unha idea:http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/01/19/galicia/1327007717_992697.html.

    e despois de toda esta pedantería, nerea, parabéns polo blog e espero que me sexa de utilidade para o exame de epigrafías.

    un saúdo a todas, todos, tod@s, todxs (e espero que isto inclúa a mulleres, homes, andróxin@s e demais especies moi respectábeis).

    ResponderEliminar